Evento: Esther Zecco

Esther Zecco
sábado, 4 setembro, 2021 - 21:00
Evento online,
Vigo

Esther Zecco

Concerto da artista segoviana.

Esther Zecco naceu en Segovia, cidade na que reside actualmente, aínda que vive dacabalo entre Madrid e a súa cidade natal. Contadora de historias cotiás, cancións intimistas pero cheas de enerxía, con claras influencias da americana, Esther Zecco xera un clima cálido e moi próximo nas súas actuacións en directo. Actualmente forma parte do circuíto de cantautores, percorrendo desde hai anos os escenarios máis emblemáticos de toda España.

Empezou a tocar a guitarra aos 12 anos e aos 15 compuxo a súa primeira canción. Participou en numerosos certames de música de autor, quedando finalista en varias ocasións (Certame de Cantautores CM Santa María de Europa, por exemplo) e participou en festivais e mostras de música (Mostra de música de mozos creadores, Segovia 2008).

Máis eventos de tipo Concerto

Concertos nos barrios
18 de setembro
Rúa do Restollal
O rianxeiro
19 de setembro
Auditorio de Torroso
Concertos nos barrios
19 de setembro
Rúa de Santo Agostiño 2