Evento: Paisaxes Sonoras: Baiúca
Paisaxes Sonoras: Baiúca
É un proxecto moi persoal que tenta achegar a tradición galega á vangarda, á electrónica. Instrumentos como cunchas, frautas, gaitas ou voces tradicionais; asócianse con sintetizadores, caixas de ritmo e programacións.
Detrás do proxecto atopámonos a Alejandro Guillán, Alex Casanova, quen xa sorprendera cun synth pop realmente brillante, conxugando hedonismo 80s e pop electrónico con espírito clásico e sintético. Todo iso quedou reflectido en ?Antagonasia? (Crispis, 2014).
Ao longo da historia houbo todo tipo de intentos de levar a música tradicional galega á electrónica, unhas con máis éxito que outras. Desde Son Lalín e o seu Muiñeira de Chantada (Movieplay, 1978) que soaba nas discotecas de Eivissa, e de toda España, a finais dos 70 a Bonovo, pasando por propostas máis recentes como Caxade, Trilitrate ou Ulobit. Fixen un repaso de todo o que tiña relación co proxecto pero ao final a miña visión é diferente. Creo que o de Son Lalín é o máis interesante, pero ao final hai máis do meu proxecto en Carlos Núñez ou en Mercedes Peón cando fan achegamentos á electrónica.
Máis eventos de tipo Festival