Evento: Jimmy P.

  • Jimmy P.
Jimmy P.
venres, 30 xaneiro, 2015 - 18:00
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI),
A Coruña

Jimmy P.

Adaptación dunha obra do psicanalista e etnólogo Georges Devereux

Francia-Estados Unidos, 2013

Dirección: Arnaud Desplechin.
Guión: Kent Jones, Julie Peyr e Arnaud Desplechin, sobre a novela de George Devereux.
Produción: Why Not Productions, Worldview Entertainment, Orange Studio, France 2, Hérodiade e Le Pacte.
Fotografía: Stéphane Fontaine.

Intérpretes: Benicio del Toro, Mathieu Amalric.

Duración: 117 minutos.

O indio Jimmy Picard ingresa nun hospital militar especializado en enfermidades mentais. Combatente na acabada de finalizar II Guerra Mundial, Picard sofre varios trastornos e non sabe que lle acontece realmente. Diagnosticado como esquizofrénico, vai resultar vital a aparición dun etnógrafo e psicanalista francés, experto en culturas amerindias. Duelo interpretativo de altura para un filme intimista, contido e de derivas clínicas asinado polo autor de Reyes y Reina e Un cuento de Navidad.  

 

Descargas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra