Evento: Cultura Quente: Maria do Ceo

Cultura Quente: Maria do Ceo
sábado, 14 agosto, 2021 - 21:30
Carballeira,
Caldas de Reis

Cultura Quente: Maria do Ceo

Concerto de fados.

Embaixadora da cultura galega en todo o mundo, a súa destacada carreira internacional está enraizada no fado como inspiración básica e mostra esa identidade cultural luso-galaica que María do Ceo representa, quizá, mellor que ninguén.

Nada na cidade portuguesa do Porto, respirou o fado desde o berce grazas ao seu pai, fadista afeccionado. Cando contaba dez anos, a súa familia trasladouse a Ourense  e nesa cidade viviu desde entón. De nena escoitaba os discos de Amália Rodrigues que os seus pais traían de Portugal, pero ao residir en Galicia nunca tivo contacto cos círculos de fados de Lisboa. Así desenvolveu unha forma de cantar diferente, na que as dúas tradicións conflúen cunha asombrosa naturalidade.

  • María do Ceo.Piensa en Mi

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos