Evento: Feito a Man: Battosai

Feito a Man: Battosai
luns, 16 agosto, 2021 - 20:00
Rúa Trs San Fiz,
Santiago de Compostela

Feito a Man: Battosai

Concerto destes tres millennials.

En 2018, Héctor, Santi e Roque, amigos desde o instituto e ex-compañeiros de formación noutras bandas, deciden montar unha nova inspirada nos seus gustos compartidos polo rock da década dos 90 e 00, como o grunge, o punk e o rock alternativo.

Desde un principio, a banda quere aproveitar para explorar facetas musicais non descubertas, por iso a falta dun vocalista, decídese que Héctor (ex-batería de Terbutalina, Ruxe Ruxe, Biribirlocke) asuma o rol e tamén toque a guitarra. Despois contactan con Nolo (Mekanika Rolling Band), un amigo seu da escena musical galega para que se una o grupo e toque a batería.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos
Lóstrego
3 de setembro a 6 de setembro
Fórum Metropolitano