Evento: Go!Go!Zo!Xacobeo 21-22: Habana Café Son/ Academia Sondanza

Go!Go!Zo!Xacobeo 21-22: Habana Café Son/ Academia Sondanza
domingo, 22 agosto, 2021 - 20:00
Monte do Gozo,
Santiago de Compostela

Go!Go!Zo!Xacobeo 21-22: Habana Café Son/ Academia Sondanza

Festival de música electrónica, folk, indie e pop.

Habana Café Son

Willy Mondeja (Tres Cubano), Amaury Quintero (Percusión) e Juan Eugenio Pérez (Contrabaixo) compoñen este animado trío experto en poñer todo o sabor latino ás súas actuacións. Este grupo de músicos cubanos consagrados conta cunha gran traxectoria artística, que aposta pola música tradicional cubana e fusión. Así, rescatan xéneros tan populares como o son, chachachá, bolero, guaracha ou danzón, entre outros.

Academia Sondanza

Neste centro dedícanse a formar a todo tipo de persoas e de todas as idades en distintas disciplinas do mundo da danza. Para participar nas súas diferentes clases só fai falta ter ganas de namorarse da danza e gocen do baile deixando ao carón a inseguridade e a vergoña.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos