Evento: Go!Go!Zo!Xacobeo 21-22: Dani Barreiro & Friends
Go!Go!Zo!Xacobeo 21-22: Dani Barreiro & Friends
Un espectáculo para todos os públicos e cun ecléctico repertorio. Dani Barreiro & Friends serán tamén protagonistas no escenario de Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 durante este verán. Cunha media dun centenar de concertos por ano (desde eventos privados a grandes festivais), esta banda promete converter a súa actuación en toda unha festa irradiando felicidade.
O nome do grupo congrega a todas as persoas que están sobre o escenario e debaixo del. Seguen entendendo os seus concertos como unha reunión de amigos que comparten e celebran a música. Precisamente por iso, o seu amplo repertorio pode variar desde sesións temáticas (anos 80s, anos 60s, Pop español, etc.) ata actuacións nas que interpretan todo tipo de artistas nacionais e internacionais de distintas épocas.
En cada concerto, Dani Barreiro rodéase de bos músicos, e mellores amigos. Entre eles atópanse Miguel Eyré (baixo), Rubén Ruíz (guitarra eléctrica) ou Pepe Santamaría (batería). E, como non, ademais destes integrantes fixos, sempre cabe a posibilidade de que salga a escena algún que outro friend espontáneo ou unha convidado sorpresa. Todo é posible.
Máis eventos de tipo Festival