Evento: A eira do paporrubio

A eira do paporrubio
sábado, 11 setembro, 2021 - 11:00
Praza Arquitecto Antonio Palacios,
O Porriño

A eira do paporrubio

Espectáculo-obradoiro de xogos, monicreques, música e tradición oral para familias con rapaces maiores de dous anos.

A eira do paporrubio desenvólvese nun espazo soñador e máxico onde conviven animais domésticos e non tan domésticos, que serán os protagonistas das fábulas.

As galiñas andan esfameadas agardando polo millo que celosamente coida o espantallo. O ratiño coñece o lugar secreto onde se gardan os mellores queixos. A raposa anda axexando un despiste do can de palleiro, que é o encargado de poñer orde nesta rebuldeira eira. Na aldea dos paxaros hai sempre cantos, bailes e contos. O boi marelo sempre anda a presumir dos seus cornos, a ra de santón come un día si e outro non e os lagartos pasan o día a tomar o sol mentres os sapoconchos andan ás carreiras.

Soa un acordeón… o paporrubio sae da súa casa cos zocos de bailar… nenos e nenas… benvidos ao espectáculo.

O proxecto, desenvolvido por Luchi Iglesias e Carlos Quintá dentro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21, mestura música e xogos tradicionais con outros de creación propia que farán que os nenos e nenas gocen dunha divertida xornada descubrindo os segredos e costumes da vida na eira.

A actividade comeza a súa andaina no FalaRedes o 11 de agosto na Cidade da Cultura de Galicia, de 18:00 a 20:00 horas. Nas seguintes semanas, fará parada en Brión e Porriño.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Pelica de burra
24 de maio, 11:00
Centro Cultural A Pontevella - Teo - A Coruña
Castelao, un corazón á intemperie
24 de maio, 12:00
Pazo de Mos - Mos - Pontevedra
Castelao, un corazón á intemperie
24 de maio, 18:00
Alameda - Cangas - Pontevedra
Fala, fala, falangueira
24 de maio, 19:00
Auditorio Municipal - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra