Evento: Carrilanas de Esteiro: Eladio y los seres queridos
Carrilanas de Esteiro: Eladio y los seres queridos
No 2020 Eladio y Los Seres Queridos cumpriron 15 anos de carreira con 5 discos, xiras por todo o país en diferentes festivais e salas manténdose sempre fieis ao seu particular estilo que lle permite ser, a día de hoxe, una das bandas máis estables do panorama musical español.
Academia, o seu sexto disco, publicouse o 6 de marxo de 2020 polo que a pandemia sorprendeunos en plena promoción do novo traballo e a punto de comezar a xira de presentación. Aínda que finalmente puideron presentalo baixo as dificultades propias do momento durante o verán pasado en algúns concertos, a banda volve neste 2021 con máis forzas que nunca con único propósito de adaptarse á situación e que o público poida disfrutar das cancións en directo de Academia.