Evento: "String Art"
"String Art"
"String Art"
Obradoiro creativo con Cucarandainas
O "String Art" ou hilorama é unha técnica de fiado sobre cravos coa que entrecuzamos os fíos conseguindo un efecto decorativo e moi bonito. Unha madeira servirá de base para o cadro, utilizaremos fíos de cores cos que formaremos diferentes figuras xeométricas ou abstractas. Os participantes aprenderán unha técnica que axuda á relaxación e á concentración.
Actividade pensada para rapaces de máis de 6 anos que se realizará nos exteriores da Biblioteca. As prazas son limitadas polo que é necesaria a inscrición previa no teléfono 988 788385
Máis eventos de tipo Obradoiro