Evento: El Gran Braulio
El Gran Braulio
El Gran Braulio
Espectáculo de maxia.
Braulio é o mellor mago do mundo...o polo menos iso pensa el. E quen somos nós para dicirlle a verdade? Así é moito máis divertido! Chega á túa víla un mago torpe e despistado que fai ben os seus trucos e o seu espectáculo de pura casualidade.
Adrián Conde é ilusionista, produtor e director dos seus propios espectáculos, que leva presentados en máis de 23 países. Esta compañía asturiana pertence dende 2018 á Asociación Te Veo dedicada ao teatro infantil e xuvenil e á Fundación Abracadabra, que achega maxia aos sectores máis desfavorecidos. Tamén forma parte da Asociación de Magos de Oviedo e de Scene Asturias.
Ligazóns