Evento: Rock Na Vila: The Soul Jacket + Río Verdugo

Rock Na Vila: The Soul Jacket + Río Verdugo
luns, 12 xullo, 2021 - 20:00
Praza da Ferrería,
Pontevedra

Rock Na Vila: The Soul Jacket + Río Verdugo

Concerto de rock e soul.

The Soul Jacket son unha banda de rock and roll clásico con cadencia rythm & blues que salpica a súa música de sons negros. A banda nace entre Vigo e Nigrán (Pontevedra) no ano 2004.

Os seus inicios foron casuais. Comezaron a xuntarse as tardes do verán do 2003 Mauro Comesaña (batería), o baixista Juan R. Zerega e o guitarrista Rubén S. Docampo. Facíano para pasar o intre, sen grandes pretensións. Tocando versións dos primeiros Black Sabbath, de Deep Purple e midleys con cancións de grupos clásicos dos 70 e 80. Un par de meses máis tarde úneselles o guitarrista Santi V., fan de The Black Crowes, do punk rock dos 90 e do rock clásico.

Comenta Mauro no blogue da banda que ?o noso son non era homoxéneo, os nosos propios temas non tiñan un estilo definido, era máis unha miscelánea  elaborada cos gustos de cada un, pero había electricidade e complicidade a partes iguais. Durante un ano enteiro buscamos un vocalista que nadase con soltura no noso son cada vez máis compacto e máis rock & roll?. É a mediados do verán do 2004 cando se atopan con Toño López. A súa voz vístese de soul, os seus rexistros están moi influenciados pola música negra en xeral pero a esencia, o corpo, é puro rock. Esta sería sen máis adornos a descrición do noso estilo, de aí o nome que adoptamos finalmente: The Soul Jacket comenta Comesaña.

En novembro de 2004, xa como The Soul Jacket, gravan unha primeira maqueta con cinco temas nos estudos Tarántula de Vigo. Comezan a tocar regularmente pola zona de Vigo ata o verán do 2005. En outubro incorpórase ás súas filas Adrián ao teclado, cun estilo académico pero cool, inspirado no rock místico de The Doors, o que nos achegou o matiz retro que nos faltaba para redondear o noso estilo e permitiunos rozar cos dedos todas as décadas nun mesmo son.

No 2006 a banda comeza a despegar. Entregan a súa segunda maqueta e resultan vencedores do Concurso de Maquetas do Festichan 2006. Dan o seu mellor concerto ata a data na final celebrada o 22 de Abril na sala Aturuxo de Bueu, onde tocaban os tres grupos finalistas do total de 29 que tomaron parte do concurso. Como premio tocan no Festichan 2006. Nesta época, a banda conta con Noelia Álvarez e Sara Marcet como coristas.

Tamén resultan finalistas de múltiples concursos como o certame Villa de San Adrián (Navarra), o concurso de maquetas Jack Daniels Backstage 07 en Córdoba (Salga Silos), o primeiro certame Musicalia! celebrado na sala A! de Vigo e o concurso de maquetas Dolorock 2007.

  • The Soul Jacket - Rainbow Pills

Máis eventos de tipo Concerto

Maxicamente
2 de xullo
Praza do Cantón
Maxicamente
3 de xullo
Praza do Concello
Catas sonoras
3 de xullo
Museo do Viño de Galicia