Evento: Petit Pop

Petit Pop
domingo, 21 novembro, 2021 - 20:30
Pazo da Cultura de Narón,
Narón

Petit Pop

Concerto de pop- rock.

Fundado en 2010, Petit Pop fórmano Mar, Lara, Cova e Pedro, membros de diversas bandas como Pauline na Praia, Nosoträsh, Undershakers, Penélope Trip ou Edwin Moses. Con tales traxectorias non é de estrañar que no momento no que empezaron a verse rodeados de peques, seguisen facendo o que lles gusta adaptándose á nova situación... aínda que con bastante menos tempo.

O resultado é música familiar na que o sentido do humor e as chiscadelas á vida diaria son o marco perfecto para explorar, a través do universo infantil, todas aquelas cousas que nos gustan, sorpréndennos, lévannos a facernos preguntas, asústannos? e que son, en definitiva, sentimentos e emocións interxeracionais universais.

Petit Pop propoñen un concerto participativo e divertido no que o público terá que implicarse para que se vaia desenvolvendo. A única idade que importa é a da ilusión e as ganas de pasar un bo intre gozando de cancións que pola súa sonoridad e temática conectan tanto con peques como adultos. A súa posta en escena é sinxela adaptándose a todo tipo de formatos dependendo das necesidades da actuación, nas que non utilizan disfraces nin artificios, deixando todo o protagonismo ás cancións mediante a interacción entre público e artistas.

Máis eventos de tipo Concerto

xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
15 de xuño
Museo de Belas Artes
Candlelight: Queen vs. ABBA
15 de xuño
Campillo de San Francisco, 3
Candlelight: Tributo a Coldplay
15 de xuño
Campillo de San Francisco, 3
Alexander Abreu y Havana D´Primera
17 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5