Evento: Cantos de terra e sal

Cantos de terra e sal
sábado, 12 xuño, 2021 - 17:30
Museo do Mar de Galicia,
Vigo

Cantos de terra e sal

Estrea en directo deste disco de Carmen Penim que homenaxea as mulleres do mar e do rural.

Cantos de terra e sal é o sexto traballo discográfico de Carmen Penim e o seu segundo en solitario. Nel fai unha orixinal e moi persoal reinterpretación das cancións da nosa tradición oral, nunha clave ecléctica desde o jazz contemporáneo e a fusión. Acompañada de músicos clásicos, jazz e tradicionais, o disco emana vitalidade e alegría, cuns arranxos que mereceron a nominación ós premios Opinión.

Con Cantos de terra e sal Carmen Penim quixo homenaxear as mulleres do mar e do rural, en particular as da súa propia familia, simbolizada nesa antiga colcha que protagoniza a parte gráfica do traballo.

Entrada de balde con reserva previa en museodomar.xunta.gal

Descargas

Máis eventos de tipo Concerto

Luar na Lubre XX. Encrucillada
17 de maio
Pazo da Cultura
El Altar Del Holocausto.
17 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
MARLENA - Tour 2024
17 de maio
Rúa de San Lourenzo, 51-53