Evento: O Son do Camiño: Rozalén/Gaudi Galego

O Son do Camiño: Rozalén/Gaudi Galego
mércores, 14 xullo, 2021 - 20:00
Monte do Gozo,
Santiago de Compostela

O Son do Camiño: Rozalén/Gaudi Galego

Concerto das dúas artistas.

Rozalén

Rozalén é unha das principais voces da canción de autor en español. Con tres traballos producidos por Ismael Seixo, cativou a público e crítica a partes iguais. No seu haber acumula distincións tan importantes como dous Discos de Platino e un de Ouro, a Placa ao Mérito Profesional de Castela-A Mancha ou o recoñecemento a Álbum do ano 2015 por Apple Music. Nos últimos meses, foi xurado dos prestixiosos premios españois Ortega e Gasset de Xornalismo e unha das artistas de maior éxito no directo, congregando a miles de seguidores en cada un dos seus concertos. Este verán, sen ir máis lonxe, actuaron nos principais festivais de música do país ante miles de seguidores: Arenal Sound (2/08), Esmorgas Rock (4/08), Sonorama (9/08), Porta Ferrada (13/08), Rabolagartija (17/08), Starlite (24/08), Concert Music (25/08), entre outros.

Ademais, é unha importante activista social, defendendo coa súa música os dereitos das minorías e comunidades máis desfavorecidas. Sobre o escenario, sempre está acompañada por Beatriz Romero, intérprete de lingua de signos. Desta maneira, defende un espectáculo inclusivo e dirixido a todo o mundo.

En setembro de 2017, Rozalén presentou Cuando el río suena, disco precedido pola canción Girasoles e que alcanzou o #1 na lista de vendas española. Actualmente é xa Disco de Platino e co que conseguiu dous nomeamentos aos Latin Grammy: Mellor disco do ano e Mellor canción do ano, por La Puerta Violeta, segundo single extraído do mesmo. Despois dunha gran xira por España e gran parte de Latinoamérica, Rozalén comezou a compoñer o seu novo e último disco, dándoo a coñecer en plena pandemia.

Gaudi Galego

Guadi Gallego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha carreira musical que comeza sendo moi nova. En 1997 entra a formar parte de Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira, e grava con eles tres discos. Viaxe por Urticaria (1999) e Hepta (2001) foron calorosamente recibidos pola crítica e merecedores de varios premios e recoñecementos (entre eles, o de Mellor Grupo Folk Europeo de 2000 e unha candidatura aos Grammy Latinos de 2002). En 2006 publican 10.0, que alcanzou o 2º Premio Opinión ao Mellor Disco Gallego do ano e foi candidato aos Premios da Música co seu tema Gente.

Naquel momento, Guadi xa comezaba a experimentar con diversas sonoridades en formacións como o seu proxecto máis íntimo e persoal, Espido (con Guillerme Fernández) ou Nordestin@ s (con Abe Rábade e Ugia Pedreira), ambas tamén galardoadas co Premio ao Mellor Disco Gallego. Finalmente, en 2009 sae á luz Benzón, album aclamado pola crítica galega e española co que inicia a súa carreira en solitario, sen deixar de participar noutros proxectos.

En 2012 únese aos músicos Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero para formar o grupo aCadaCanto. Con eles edita un disco homónimo, e outro en 2013 titulado A rosa d'Adina, no que musicaron versos de Rosalía de Castro. Reciben ese ano o Premio Martín Códax da Música na categoría de Canción de Autor. En 2014 publica o seu segundo traballo en solitario, Lúas de outubro e agosto, e en 2016 (ano no que alcanza o Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista na categoría de Canción de Autor), sae o terceiro, O mundo está parado. Este disco viaxa do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia, elaborando unha sonoridade envolvente con matices pop que reaparecen no EP Bóla de cristal (2018). Para estes tres traballos, conta coa presenza na produción do xienense Pachi García.

En 2015 recibe o Premio da Crítica Galicia na categoría de Música.

  • Guadi Galego - Cólico

Máis eventos de tipo Concerto

Carlos Núñez
6 de xullo
Rúa de Sar
Concerto
6 de xullo
Praza do Concello
O rianxeiro
8 de xullo
Auditorio Municipal