Evento: OurenRock Sound XS- Indomable
OurenRock Sound XS- Indomable
A Arturo Rodríguez coñecémolo do Corpo do Ritmo, un proxecto colectivo cun obxectivo claro: reunir baixo un mesmo concepto liñas e composicións propias afastadas dalgunha pretensión persoal pero cun transfondo experimental, multicultural e electrónico. Tras gravar dous discos deciden parar un tempo e Arturo comeza un proxecto persoal que se move entre o pop íntimo e o folk: Indomable.
Foi moi aos poucos e sen darme conta. Rasco a guitarra desde fai moito e sempre ma levo comigo. Hai moitos anos os meus amigos fixeron un fondo e compráronme unha española pola miña cumpre para amenizar as nosas festas. Naquel momento tocabamos case todos así que raro era o día que non aprendías algo dalgún colega. Eu continuei tocando cando descubrín que tiña xa unha boa dose de recursos instrumentais na trastienda. Aí repousaron durante uns tres anos e coincidiu que foi cando estiven no estranxeiro. É anecdótico, pero nesa tempada escribía moito sobre o que vía, aprendía e lembraba. É unha cousa que non fixera antes na miña vida dese xeito, así que un día pareceume oportuno gravar Incondicional e Imperfecto para dalgunha maneira inmortalizar todo aquilo, comenta.
Un proxecto ao que decide darlle prioridade, O Corpo está parado, que non morto. Chegamos a esa decisión cando eu xa estaba de volta por Galicia xusto antes de sacar o terceiro álbum. A nova liña que collemos era cojonuda, estabamos contentísimos cos temas que o compoñían pero asomamos a cabeza tras a esquina para ver o panorama, reculamos e acordamos sinxelamente esperar para sacalos noutro momento.
O seu primeiro traballo, Incondicional e Imperfecto (Autoproducido, 2016), son oito temas gravados nos estudos Bruar (A Coruña) por Xavier Ferreiro, mentres que a produción e arranxos de piano correron a cargo de Sergio Delgado. Leo Sousa encárgase do artwork.
Un disco moi orgánico e natural no que a voz de Arturo e a súa guitarra acústica son os protagonistas, ademais das pasaxes naturais que axudan a enriquecer o son, que foron gravados polo propio Arturo en Ourense, Val Miñor e Oleiros. Un total de oito composicións concibidas nas súas viaxes por Alemaña, Australia, Galicia e Madrid.
Arturo teno claro, ?Indomable é o meu proxecto persoal definitivo. Descoñezo a constancia que levarei pero sei que sempre vai estar aí. Xa teño unha pila de novos temas, máis alegres e máis directos pero agora mesmo atópome no punto que me corresponde que non é outro que o de darme a coñecer e promocionar o actual disco co tour que anunciarei proximamente.
Tres anos despois chega "O Eterno Teloneiro" (Autoproducido, 2019). Arturo dá un paso adiante, mostrándose máis directo e visceral que nunca. Mantéñense eses ritmos de folk pop íntimo, pero a intensidade aumenta. Isto queda patente xa na inicial "Todo por dicir". Un corte de distancias curtas, de fitarche aos ollos. Tamén se mantén o seu gusto pola inclusión de efectos orgánicos, xa sexan vía a avoa Lourdes neste tema inicial, ou as pasaxes ambientais e efectos de son gravados nos bares da Coruña, as rúas de Ourense e as praias do Val Miñor, que poboan o disco.