Evento: Entre bechos anda o conto
Entre bechos anda o conto
sábado, 12 xuño, 2021 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Entre bechos anda o conto
Contacontos a cargo de Galeatro
Sesión de narración oral combinada con teatro de monicreques na que o noso protagonista, Tone Martínez, nos mergullará nos diferentes bichos e bechos que hai na nosa natureza e nos mostrará como estes son fundamentais para conservar o noso medio ambiente. O respecto por este, o coidado dos animais, a amizade ou os prexuízos son temas que están presentes en "Entre bechos anda o conto".
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.