Evento: Family Folks

Family Folks
sábado, 10 setembro, 2022 - 21:00
SalaSon,
Cangas

Family Folks

Concerto do grupo vigués.

Como dous barcos cargados de música chocando no medio do bulebule.

Así xorde Family Folks.

Dúas voces míticas da escena viguesa, dous tipos familiares que se atopan por casualidade, chocan xerras como barcos, contan historias e renden tributo aos mestres da boa música.

Ruben Suarez (Mec mecs, High Serras, Foggy Mental Breakdown) une as súas forzas a Bosco Hill (The Last But One, Hill & The Rebolution!) nesta viaxe astroso e cósmico, salvaxe e doce, chocando cargas de rock, blues e soul tabernero baixo a bandeira negra do folk.

Todo comeza na praia de Samil en 2014 como nos conta Bosco, Family Folks nace dun encontro fortuíto, na praia de Samil, no verán de 2014, entre Rubén e eu, aínda que previamente xa nos coñeciamos de concertos e juntanzas nocturnas. Como melómanos incurables que somos, puxémonos a falar de discos e máis discos, e a química fixo o resto. Tendo nosas respectivas bandas inactivas nese momento, propuxémonos quedar para quitar telarañas aos instrumentos, e deseguido empezaron a xurdir cancións. En abril de 2015 demos o noso primeiro concerto, en formato dúo, e a partir de aí, todo empezou a crecer sen parar.

  • Family Folks - Sea Of Whiskey