Evento: Mes do cómic

Mes do cómic
martes, 4 maio, 2021 a luns, 31 maio, 2021
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Mes do cómic

Actividade para fomentar a lectura.

Este ano o Calendario do libro e da lectura de Galicia dedica o 1 de maio ao cómic, coincidindo co día do cómic gratis (primeiro sábado de maio). Desde a biblioteca non queremos deixar pasar esta oportunidade e decidimos fomentar a lectura deste medio durante todo o mes. O noso obxectivo é axudar e inspirar a aquelas persoas que algunha vez pensaran en iniciarse no mundo do cómic pero non sabían como. Ofrecemos así unha elección de obras (sorpresa) ideais para este fin, tanto na comicteca de adultos como na do Espaxo Xove. Como complemento organizamos unha clasificación cos cómics máis prestados na nosa biblioteca desde que temos rexistro, unha "árbore xenealóxica" dos tipos de cómic e un panel coas influencias da banda deseñada na nosa sociedade. Non deixes tampouco de consultar nosa guía de lectura de básicos.

Pensa que, como toda obra de ficción, hai cómics para todas as persoas. O teu pode estar nos nosos andeis!

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Museo Etnográfico Liste de Vigo_programación de actividades primeiro trimestre de 2025
Programa de actividades do primeiro trimestre
1 de xaneiro a 20 de maio
Museo Liste Vigo
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola