Evento: La rodilla de Clara

La rodilla de Clara
mércores, 12 maio, 2021 - 19:30
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI),
A Coruña

La rodilla de Clara

Proxección da película de Éric Rohmer.

O quinto dos Contos morais de Rohmer conta a historia de Jérôme (Jean Claude Brialy, mellor aproveitado que nunca), un diplomático de vacacións en Annecy. Próxima a data da súa voda, en conivencia con Aurora, unha novelista e antiga amante, proponse conquistar a Laura, unha moza moi nova. Pronto descubrirá tamén a Clara, irmá de Laura. Outro dos filmes que fixeron soado o implacable e transparente estilo de Eric Rohmer, un (meta)relato de inesquecible beleza, sutil e cheo de humor onde o amor e a amizade aparecen como eixos ao redor dos que gravita o filme. Concha de Ouro en San Sebastián.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Enrique IV
18 de xuño
Filmoteca de Galicia
O corpo enfermo no cine das orixes
18 de xuño
Filmoteca de Galicia
Pura
Nai + Véxote + Pura
18 de xuño
Casa da Cultura