Evento: The Hendersons

The Hendersons
venres, 23 decembro, 2022 - 21:30
La Fábrica de Chocolate,
Vigo

The Hendersons

Concerto da banda tributo a The Beatles.

The Hendersons, banda tributo a The Beatles, formouse a finais de 2012 e dende entón non se baixaron dos escenarios, pasando por festivais, salas de concertos e festas privadas, dando vida ao repertorio da banda de Liverpool, dende os seus comezos en Hamburgo, pasando pola Beatlemanía e a etapa hippie, ata a volta ao rock máis puro e ao pop moderno.

O son de The Hendersons trasládanos no tempo, pechamos os ollos e creeremos que estamos en The Cavern, no Hollywood Bowl, no concerto do tellado… disfrutando en riguroso directo de aquelas cancións que incluso The Beatles nunca tocaron en vivo. Ahí estarán esas (sempre difíciles) armonías vocas, ese son limpo e cristalino, psicodélico a veces, outras rockero, pero sempre moi enérxico e auténtico.

A banda está formada por Aitor Moon (guitarra e voz), Chus Dasilva (baixo e voz), Alberto Lopo (guitarra solista e voz) e Paco Araujo (batería e voz).

A gran admiración dos catro de Vigo pola banda de Liverpool, levoulles a explorar no son que se forxou entre a bruma da cidade mariñeira e mergullarse ata o máis profundo do seu repertorio. Con habilidade souberon atopar os tesouros máis escondidos para desvelar os segredos mellor gardados dun son único, o son THE BEATLES.

  • The Hendersons

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto Antía Muíño - Fin de Festa Letreseo 2025
23 de maio
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Os Carismáticos
23 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria
Saratoga
24 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5