Evento: Meteoritos: acaba con eles!
Meteoritos: acaba con eles!
Unity é un motor de videoxogos 3D que nos permite, con certos coñecementos de programación e de recursos gráficos (o que se adoita chamar ‘arte’), poder realizar produtos de entretemento para un mercado sediento de novas experiencias de lecer.
Esta ferramenta soubo sacar o máximo potencial ofrecendo a través do seu editor gráfico a oportunidade de entrar neste apaixonante mundo como programador, podendo habilitarnos para iso a través da prestixiosa certificación Unity: Certified User Programmmer.
Durante esta xornada tratarase de crear desde cero (con recursos gráficos existentes) un xogo 2D de 'nave espacial', coa que deberemos esquivar e/ou destruír asteroides de varias dimensións e velocidades. Para iso deberemos programar con C# os movementos da nave, ademais de disparar tentando destruír os asteroides que podamos.
Mostrarase como programalo e dar control aos diferentes elementos da escena espacial, poñendo énfase no rol do programador dentro das fases de creación dun xogo 2D.
Como valor engadido, dende PUE (training partner oficial de UNITY) xestionarase o acceso gratuíto a todos/as os/as asistentes á xornada a un Practice Test oficial de preparación da certificación Unity: Certified User Programmmer.
A axenda de contidos a tratar será a seguinte:
Introdución ao mundo dos videoxogos
Roles na realización dun produto de entretemento
Introdución á contorna Unity
Presentación do editor e do contorno de desenvolvemento
Creación dunha escena
Creación de obxectos na escena
Programación de comportamentos e interaccións
Despregue do produto
Máis eventos de tipo Obradoiro