Evento: VII Carreira Camiño das Letras

VII Carreira Camiño das Letras
luns, 17 maio, 2021 - 11:00
Espazos exteriores da Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela

VII Carreira Camiño das Letras

Carreira para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, organiza o luns 17 de maio de 2021 a VII edición da Carreira Camiño das Letras, coa proba absoluta que partirá desde o Pico Sacro, seguindo a Ruta da Prata, ata a Cidade da Cultura, onde percorrerá o Bosque de Galicia e a Praza Central.

Esta carreira, que quere unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago, adáptase este ano ás novas circunstancias provocadas pola pandemia da Covid-19 e, para evitar grandes concentracións de persoas, non celebrará as habituais carreiras das categorías infantís. Ademais, a organización do evento establecerá todas as medidas e controis sanitarios para garantir que a carreira se desenvolve con todas as medidas de seguridade.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Recomendacións do club de lectura de cómic
Recomendacións do club de lectura de cómic
1 de xullo a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense