Evento: De miss a más sin pasar por Albacete

De miss a más sin pasar por Albacete
xoves, 6 maio, 2021 - 20:15
Centro Cultural Marcos Valcarcel,
Ourense

De miss a más sin pasar por Albacete

Presentación do libro de Beatriz Rico.

Beatriz Rico naceu en Asturias hai non tantos anos como indica Wikipedia (segundo ela). Coñecida actriz de teatro, cinema e televisión, tamén se dedica ao rock desde hai un tempo. Os seus miles de seguidores convertérona en todo un referente de redes sociais. De miss a máis sen pasar por Albacete é a súa primeira novela.

Non necesito amor senón un metabolismo rápido. E ti?. Vida e tortazos dunha miss convertida en mocatriz.

Incrible, seino. Eu, Miss Albacete, convertida en Miss España. Para que logo digan que hai tongo. Vino difícil desde o principio porque que facía eu entre tanta muller de pernas infinitas, pómulos marcados e delgadas como sílfides. Vesme e pensas que son unha gorda adelgazada. Hai persoas respiracionistas, que se alimentan de aire, ou as que fan dieta perpetua. E logo estamos as gordas adelgazadas. 

Agora teño a sensación de ser unha fraude, pero unha fraude con coroa á fin e ao cabo.

Despois do reinado de Miss España (a Albacete non volvo) os contratos perseguíanme: a tele, as convencións (si, home, seguro que me viches nalgunha)/nalgunha), xoldas mil, pero eu quixen ser monologuista. O trompazo foi terrible, así que tiven que escoitar ao meu representante: eu a ti véxoche de mocatriz. Si, claro. Modelo, cantante e actriz.

E aí estou. Pódese ser unha mocatriz cun fillo de sete anos, un ex en Italia, un ligue apretadito e unha nai en Albacete?

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal