Evento: Roberto Lolo: Mira o coiote

Roberto Lolo: Mira o coiote
domingo, 4 abril, 2021 - 13:00
Urban Market Mahou,
Vigo

Roberto Lolo: Mira o coiote

Espectáculo de maxia.

O Domingo 4 de Abril Roberto Lolo volve a Vigo co seu espectáculo de maxia e humor Mira o coiote. Este evento celebrarase en sala Urban Market Mahou de Vigo.

Mira o coiote é o título do novo espectáculo de Roberto Lolo. Un espectáculo de maxia pensado para todos os públicos no que a desconexión , a diversión e o pasalo ben , son cousas que están aseguradas.

Roberto Lolo é guionista, actor, director e ilusionista galego fóra do común. Todo un showman polifacético, ao servizo do espectáculo e o entretemento.

Roberto Lolo exerceu como meigo nas prestixiosas salas como Houdini, A toda Maxia en Madrid, Rey de Pikas de Leganés, Serendipia de Valladolid e Teatro Encantado de Madrid.. Ademais actuou no teatro O Rey da Maxia de Barcelona e en diferentes cidades de Valencia, Andalucía, Bilbao, etc e noutros Países, por exemplo, Xenebra (Suíza) pero sobre todo e por encima de todo, en Galicia.

Como actor colaborou na TVG en series como Urxencias Cero, Serramoura, Pratos Combinados e O final do Camiño. Entre outros traballos destaca pola colaboración e realización de varias curtametraxes audiovisuais como Triste Soledad dun violenista,Tes un móbil,Ás tres,On-Line entre outros.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos
Os Bolechas e o gran reto
18 de xullo
Praza Juan Salgueiro
Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo
Peirao de Arcade
Os Bolechas e o gran reto
23 de xullo
Campo da Feira