Evento: Vespa velutina: unha invasión imparable

  • Vespa velutina: unha invasión imparable
Vespa velutina: unha invasión imparable
domingo, 21 xuño, 2020 a venres, 31 decembro, 2021
Museo de Historia Natural 'Luis Iglesias',
Santiago de Compostela

Vespa velutina: unha invasión imparable

O Museo de Historia Natural da USC, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA), o CIFP Politécnico de Santiago e diferentes grupos de investigación das universidades galegas, presenta esta exposición Vespa velutina: unha invasión imparable.

A exposición explica os danos e ameazas que a vespa representa para a nosa biodiversidade, saúde e seguridade cidadán e os principais impactos socieconómicos, principalmente no sector da apicultura. Ademais, preséntanse os resultados de diferentes liñas de investigación sobre diversos métodos de control, como son a loita biolóxica, os biocidas e o emprego de trampas eléctricas.

Antes da inauguración, o Museo desenvolverá un encontro entre investigadores das universidades galegas e representantes da AGA e doutros colectivos, co obxectivo de intercambiar experiencias e analizar propostas para o deseño de estratexias na loita contra a vespa velutina.

Vespa velutina: unha invasión imparable

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Concha Jerez e José Iges. Resignificaciones
14 de febreiro a 1 de xuño
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5