Evento: Siloé

Siloé
venres, 4 marzo, 2022 - 20:30
Sinatra Coctel Bar,
Vigo

Siloé

Concerto do cantante valisoletano.

Siloé debuta en 2016 con “La Verdad”, sorprendendo na escena española actual de bandas indie pop grazas ao talento vocal do valisoletano Fito Robles, un dos poucos españois bolseiros na a prestixiosa universidade de Boston Berklee College of Music.

Co seu primeiro single cosgiue entrar en “Lo más viral” #4 en España, Chile e México. Despois da estrea do seu segundo álbum, o proxecto orixinalmente formado en solitario por Fito Robles (voz e guitarra), pasa a converterse nun dúo xunto ao produtor XAVSS (a. k.a Xavi Road) (programación, sintetizadores e guitarras). Ademais o proxecto compleméntase coa produción do enxeñeiro de son ( Grammy Latino) Óscar Herrador (terceiro membro do proxecto na sombra). Conseguen así un son pop que mestura melodías acústicas e de autor, con influencias vangaurdistas e electrónica. Un novo ADN musical que os transporta ás pistas de baile e que non deixou indiferente a ninguén.

En 2020 editan “Metrópolis” (gravado en Nova York e Madrid), o seu terceiro álbum, demostrando que a dualidade dos seus dous mundos converxe de maneira perfecta, como tamén o fai nos seus directos, unindo o mundo dos djs e as bandas. O álbum reedítase como “Metrópolis 2.0” con colaboracións de artistas como Miss Caffeina, Belén Aguilera, Varry Brava, Dani Fernández... e colaboran con marcas de roupa como Tommy Hilfiger, Levis e Reebok para a campaña do mesmo.

  • Siloé - La Verdad