Evento: Café de idiomas

Café de idiomas
luns, 1 xuño, 2015 a martes, 30 xuño, 2015
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Café de idiomas

Proposta da biblioteca para practicar dun modo informal diferentes linguas estranxeiras, todos os días agás sábados e domingos

Non se esixe ningún nivel mínimo, non hai profesores e non se precisa inscrición previa. O mínimo para que funcione son 2 persoas.

Os horarios son os seguintes:

- De 16.30 a 17.30 h: Inglés (luns); Francés (martes); Portugués (mércores); Italiano: (xoves); Alemán (venres)
- De 18.00 a 19.00 h: Catalán (luns); Éuscaro (martes); Árabe (mércores); Checo (xoves); Polaco (venres)
- De 19.30 a 20.30 h: Chinés (luns); Xaponés (martes); Lingua de signos (mércores); Español como lingua estranxeira (xoves); Galego para non galegofalantes (venres)

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
RUS-TICs : mellorando a relación das persoas maiores coas novas tecnoloxías
2 de xuño a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola