Evento: Introducción á programación de videxogos con Unity
Introducción á programación de videxogos con Unity
Unity é un motor de desenvolvemento (ou motor de videoxogos) dos máis utilizados actualmente no sector dos videoxogos, un sector que hoxe en día xera máis ingresos que a música e o cinema combinados. O termo motor de videoxogo (game engine) fai referencia a un software o cal ten unha serie de rutinas de programación que permiten o deseño, a creación e o funcionamento dunha contorna interactiva; noutras palabras, dun videoxogo.
Neste curso, o asistente aprenderá os fundamentos da linguaxe de programación C# dentro do software de Unity (Unity Editor) para crear videoxogos, aplicacións, realidade virtual, realidade aumentada e máis experiencias interactivas.
Ao longo do curso, o alumnado creará diversos proxectos con Unity Editor que lles axudarán a desenvolver os coñecementos e as habilidades necesarias para poder crear o seu propio videoxogo.
Tanto o curso como as probas de selección realizaranse mediante plataforma online, sen necesidade de desprazamento presencial ao CNTG, poderaa realizar o candidato inscrito ao curso desde o seu domicilio ou lugar de traballo, tendo en conta que a plataforma online abrirase automaticamente á data e hora indicada para iso.
A persoa inscrita recibirá un mail desde a entidade adxudicataria co acceso a esta proba 2 días antes da mesma.
A plataforma online de probas de selección é compatible coas versións estables máis recentes de todos a navegadores web e sistemas operativos máis populares (Windows, MacOS, Android ou calquera distribución Linux).
Por tanto, para acceder á plataforma simplemente necesitarase un equipo de sobremesa, portátil con acceso a unha conexión estable a Internet.
Obxectivos :
Unha vez finalizado o curso o alumnado adquiriría os seguintes coñecementos e habilidades:
Depurar, resolver problemas e interpretar unha Interface de programación de aplicacións (API).
Crear código identificando que funcións utilizar en cada escenario.
Avaliar código podendo identificar posibles erros e propoñendo solucións.
Navegar pola interface demostrando un nivel de habilidades coa Contorna de Desenvolvemento Integrado (IDE) de Unity para crear Máquinas de Estado Finito (FSM) funcionais.
Exame de certificación incluído: Unity Certified User: Programmer
Dirixido a :
O presente curso vai dirixido a aquelas persoas que queiran penetrarse no mundo da programación e adquirir nocións básicas de nivel usuario do software Unity Editor.
A pesar diso, sería recomendable que o alumnado tivese algunhas nocións de programación orientada a obxectos.
Recomendable ter coñecemento nivel medio comprensión lectora de inglés.
Máis eventos de tipo Obradoiro