Evento: I Foro de Educación- Pensando en educación

I Foro de Educación- Pensando en educación
martes, 27 abril, 2021 - 19:30
Paninfo de la Universidad,
A Coruña

I Foro de Educación- Pensando en educación

Foro de educación da man do doutor en Filosofía e Letras, Alejandro Tiana Ferrer.

Alejandro Tiana Ferrer é doutor en Filosofía e Letras (Pedagoxía) pola Universidade Complutense de Madrid (UCM) e catedrático de Teoría e Historia da Educación na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Actualmente é secretario de Estado de Educación no Ministerio de Educación e Formación Profesional do Goberno de España. Desde os anos 80 desenvolve a docencia nas áreas de Historia dos Sistemas Educativos Contemporáneos, Política e Lexislación Educativa, Educación Comparada e Avaliación da Educación. Entre os anos 2013 e 2018 exerceu de reitor da UNED, tras o seu paso polo ministerio como secretario xeral de Educación e polo Centro de Altos Estudos Universitarios da Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI). Traballou con diversas organizacións internacionais (a UNESCO, a OCDE ou o Banco Mundial) e é un reputado autor e editor de libros e artigos das súas especialidades.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello
Toponimízate 2025
2 de outubro
Casa das Letras - Biblioteca municipal