Evento: Clásicas desfeitas: Orlando/A Consagración da Primavera/O MIto de Sísifo
Clásicas desfeitas: Orlando/A Consagración da Primavera/O MIto de Sísifo
Unha ollada compartida sobre o tempo e a identidade inspirada en Orlando de Virginia Woolf (1928), A Consagración da Privamera de Igor Stravinski (1913) e o Mito de Sísifo de Albert Camus (1942).
En Clásicas desfeitas ides redescubrir Frankestein, Medea ou O mito de Sísifo a través doutras disciplinas artísticas mais aló da literatura. Trátase de deixarse sorprender polo contido e pola forma que toman estes textos tras ter traballado con eles dun xeito multidisciplinar nas Residencias artísticas do Gaiás (REGA), grazas á coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) coa Cidade da Cultura.
Na Cidade da Cultura ides poder gozar como público —con prazas limitadas para cumprir coas medidas de seguridade sanitaria pola covid-19— destas tres pezas, que son resultado destas estadías creativas que acollemos na Cidade da Cultura entre febreiro e marzo.