Evento: Candorka Trío

Candorka Trío
venres, 4 setembro, 2020 - 21:00
Casa das Crechas,
Santiago de Compostela

Candorka Trío

Concerto de música galega dentro das Festas de San Froilán.

Candorka Trío constitúe un proxecto que toma como eixo definitorio a música de raíz e a vontade de expresala desde a experimentación e o inconformismo.

FONSAGRADA é o seu primeiro traballo, froito da complementariedade e das inquietudes de tres músicos que souberon conxugar o repertorio gaitístico e vogal da comarca da Fonsagrada con sonoridades que proceden do jazz europeo, o rock ou a vertente clásica. Trátase dunha proposta contemporánea que abarca do son máis enérxico ata o intimista e que aposta pola modernidade sen renunciar a melodías que aínda conservan a capacidade para definirnos nun mundo cada vez máis global.

Preséntasenos arroupado pola linguaxe pictórica de José Arias, caracterizada tamén pola introspección e a indagación. O resultado é un fluír e confluír expresivo que abre novos camiños e non deixa indiferente.

  • Candorka Trío - Xota de Florencio

Máis eventos de tipo Concerto

xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
25 de maio
Museo de Belas Artes
Coanhadeira
25 de maio
Arca da Noe
Dylan LeBlanc
28 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35
Festival Flamenco Riquela
29 de maio a 31 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35