Evento: Coldday-Tributo a Coldplay

Coldday-Tributo a Coldplay
sábado, 30 xaneiro, 2021 - 21:30
Sala Playa Club,
A Coruña

Coldday-Tributo a Coldplay

Concerto tributo á banda británica

Coldday naceu no ano 2012, froito da unión de catro músicos que co seu talento, paixón e esforzo querían dar unha homenaxe honesta e fiel á banda británica Coldplay.

A banda provén de Barcelona, onde empezaron a construírse un nome na escena das bandas tributo a nivel de todo o país. A devoción polo traballo ben feito levoulles a todo tipo de escenarios, desde festas privadas a grandes audiencias en teatros, auditorios e outros recintos de gran aforo.

A repercusión dos seus shows non pasou desapercibida noutros países e é por isto que viraron o seu espectáculo por distintos países como Portugal, Andorra, Francia, Bélxica, Holanda, Alemaña, Romanía, Inglaterra, Malaisia ou Indonesia. Coldday leva aos escenarios toda a maxia da música de Coldplay. Durante dúas horas recréase a atmosfera, emoción e enerxía dun auténtico directo de Coldplay. Unha interpretación impresionante, unha escenografía extremadamente fiel á orixinal, proxeccións épicas, unha posta en escena espectacular... todo o que un fan da banda pode desexar.

O repertorio vén configurado por unha infinidade de grandes temas clásicos de toda a discografía de Coldplay, desde o seu primeiro traballo Parachutes ata o seu último disco A head full of dreams.

.....

Que empezo o show!

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
9 de xullo
San Miguel
Catas sonoras
10 de xullo
Museo do Viño de Galicia
Picadiscos
11 de xullo
Campo da Festa de Urdilde