Evento: V Festival de Ópera Cidade de Pontevedra- L´elisir d´amore
V Festival de Ópera Cidade de Pontevedra- L´elisir d´amore
A obra representa a historia de Nemorino que está namorado de Adina, con todo, non é correspondido. Todo cambiará cando chega ao seu pobo Dulcamara, un gaioleiro que vende un elixir de amor (un viño corrente). Nemorino se emborracha e, en efecto, Adina vólvese tola por el.
É sorprendente como esta ópera, de considerable sinxeleza, triunfase de forma tan contundente, a inspiración melódica é impactante, todo é bonito, romántico e con humor, cuxo peso da obra lévana as voces. O tenor ten que interpretar a famosa aria “Unha Furtiva Bágoa”, para a que se require ter un excelente fraseo e unha magnífica media voz.
Gaetano Donizetti é un dos compositores italianos máis importantes de todos os tempos e un dos mestres do bel canto, deixounos máis de 70 óperas nas que cultivou todo os xéneros, desde o bufo ata o drama.
Compañía L. G. Artist en colaboración coa Ópera Nacional de Moldova.
Unha produción exclusiva de Leonor Gago Artist Management.
Máis eventos de tipo Festival