Evento: Boyanka Kostova

Boyanka Kostova
mércores, 17 febreiro, 2021 - 23:30
Evento online,
Santiago de Compostela

Boyanka Kostova

Concerto da banda galega dentro do ciclo de concertos de Galicia Emerxe.

Boyanka Kostova é unha atleta búlgara, aínda que nacionalizada acerbaixana, que practica halterofilia. Cibrán García (Saibran Yiyi) e Rizo (Rizo do Funk) toman o seu nome para este proxecto co que experimentan con subgéneros do hip hop aderezándoo todo con retranca galega. Por que elixen o seu nome Porque é un nome contundente, que soa gordo e que mola para un grupo (risas).

Ambos coincidiran no grupo de rap Estupefazebras, e en abril de 2016 cando este terminábase, deciden continuar facendo música xuntos e xorde Boyanka Kostova. Rizo ademais pon en marcha Esteban e Manuel, achegándose ao cumbiatune, e posteriormente Ortiga.

Con respecto ás influencias directas e indirectas que marcan o seu son, indican: Directas pois todo o son trap que se está desenvolvendo a nivel mundial aínda que sempre nos fixamos máis nos movementos en castelán que en inglés. Pero bo, as influencias indirectas son innumerables, desde Ana Kiro ou Terbutalina ata Die Antwoord ou Ghostemane.

  • Boyanka Kostova - Muinheira de Interior (Video Oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
25 de maio
Museo de Belas Artes
Coanhadeira
25 de maio
Arca da Noe
Dylan LeBlanc
28 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35
Festival Flamenco Riquela
29 de maio a 31 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35