Evento: Compartiment Tueurs

Compartiment Tueurs
xoves, 21 xaneiro, 2021 - 19:00
Casa das Campás,
Pontevedra

Compartiment Tueurs

Proxección da película de Costa Gavras.

Durante unha viaxe en tren desde Marsella a París, seis persoas comparten un coche-cama. Cando un deles aparece asasinado, a policía comeza a investigar.

A sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra acolle a proxección de “Compartiment Tueurs” (1965), de Costa Gavras, no marco do ciclo de cinema francés “A poética do crime. Cinéma polar”.

Oito proxeccións, entre novembro e xaneiro, integran esta actividade inserida na programación cultural da Vicerreitoría do campus, que afonda en como os directores e directoras deste país reinterpretaron os canons do cinema negro americano, dando lugar a un xénero con identidade propia.

 

  • Compartiment Tueurs