Evento: Marían Ledesma & Tinaquero Brothers

Marían Ledesma & Tinaquero Brothers
domingo, 19 xuño, 2022 - 01:00
Campo da Leña,
A Coruña

Marían Ledesma & Tinaquero Brothers

Concerto de jazz e soul.

Marian Ledesma, bonaerense e blueswoman de convicción e corazón. E é que Marian lévao no sangue. Os seus primeiros pasos na profesión, na cidade de Buenos Aires, deunos como cantante de blues. Logo, que veu á Nai Patria, e tivo que cambiar de repertorio polo tanto máis convencional das orquestras de baile ao uso. Pero ela non se queixa: foi unha lección de oficio e humildade que me sacou o quiste do elitismo musical. Hoxe, Marian canta en dous grupos vocais, Spiritual e The Lollipops, nun cuarteto de jazz interpretando a música de Billie Holiday, e cos Hot Chocolates, May-Thai e os Torino Rockets.

O seu trío xunto aos irmáns Tinaquero, Juan, ao contrabaixo, e Luís, ao dobro e o banjo, representa o regreso ás súas orixes como blueswoman. Algo ao que non son alleos os seus compañeiros de escenario, verdadeiros especialistas no xénero. As súas interpretacións de Me and my gin, de Bessie Smith, gravada orixinariamente no ano 1926, ou ?Rollinand tumblin?, de 1929, dada a coñecer por Muddy Waters no ano 1950, resultan perfectamente cribles tanto desde o punto de vista vocal como do instrumental. Escoitar a Marian Ledesma & os Tinaquero Brothers é viaxar no tempo de mans da máis pura emoción.

  • Marían Ledesma & Tinaquero Brothers

Máis eventos de tipo Concerto

O Son do Camiño 2025
12 de xuño a 14 de xuño
Monte do Gozo
II Festival 'Aquí tamén se fala'
13 de xuño
Praza da Tolerancia
Concerto do dúo Mallou
14 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense