Evento: A nova muller. Visión histórica e artística

A nova muller. Visión histórica e artística
mércores, 27 xaneiro, 2021 - 19:00
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

A nova muller. Visión histórica e artística

Curso que ofrece unha reflexión sobre as orixes da moda a finais do século XIX e comezos do século XX.

Blanca Paula Rodríguez Garabatos (Santiago de Compostela,  1973) é investigadora e docente en Historia e Historia da arte. Licenciouse en Dereito e Historia, na especialidade de Historia Contemporánea e Estudos Americanos, pola Universidade de Santiago de Compostela e é doutora en Estudos Literarios pola Universidade da Coruña, cunha tese titulada “Moda da belle époque e indumentaria na obra de Emilia Pardo Bazán”.

Impartiu conferencias sobre moda en diferentes seminarios da Universidade da Coruña e participou na Fashion and Design Conference, celebrada recentemente na Escola de Deseño Téxtil e Moda de Galicia (Esdemga) en Pontevedra.

É colaboradora habitual das revistas de cinema Versión original e Icónica, e autora diversos artigos sobre as relacións entre a moda, a literatura e a arte en publicacións como Tropelías, DeSignis, Boletín galego de literatura  ou La tribuna.

Como docente de ensino secundario participou en diferentes proxectos que exploran os nexos entre a moda, a arte e a historia da indumentaria; entre eles: Do liño ao tecido (IES Terra de Xallas) ou Maruja Mallo, artista de vangusardia sin sombrero (IES de Valga).

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros tecnolóxicos
23 de xuño a 14 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
campamento_castrexo
Campamento castrexo
30 de xuño a 11 de xullo
Museo do Castro de Viladonga
Inspirar para crear
INSPIRAR PARA CREAR
8 de xullo a 11 de xullo
Museo de Belas Artes