Evento: XI Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural
XI Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural
Entrega dos galardóns correspondentes á décimo primeira edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural, dirixidos a promover as condicións para que os axentes socioeconómicos locais das zonas rurais formulen iniciativas de desenvolvemento. Neste marco, resulta de interese pór en marcha as actuacións que animen a participación privada no proceso de desenvolvemento rural e que contribúan a conservar e dinamizar o contorno rural facendo del un medio máis atractivo.
Os galardóns recoñecen aquelas actuacións que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada. Teñen as seguintes categorías: mocidade, proxectos culturais e de recuperación patrimonial no medio rural, proxectos de interese social, turismo, sector agrogandeiro, mulleres, innovación tecnolóxica, e premio á loita contra o abandono e en prol da mobilidade de terras agrarias.