Evento: Ugía Pedreira - Festival Mar de cultura
Ugía Pedreira - Festival Mar de cultura
O Mar de Vigo, recuncho atlántico elixido pola nosa lírica profana medieval para dar a coñecer a súa música e as súas melodías hai case sete séculos, volve ser Mar de inspiración para que nel se dean cita oito das voces e formacións máis coñecidas da Galicia musical máis actual: Ugía Pedreira, Felisa Segade, Uxía, Guadi Galego, De Vacas, Ailá, Silvia Penide, Carla López e Emilio Rúa. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Museo do Mar de Galicia, presenta o festival Mar de músicas. Bañarmos emos nas ondas! Un encontro musical especial, unha cita comprometida coa música e coa lingua galega como vehículo de expresión artística que se poderá gozar en Vigo, con entrada libre e de balde ata esgotar a capacidade, do 2 ao 6 de decembro. A mellor oportunidade de bañarmos nas ondas do mar de Vigo e de empaparnos de música e de cultura 100 % galegas. De cultura segura. Toda a información e calendario de concertos en http://museodomar.xunta.gal/ e tamén na Axenda de Cultura de Galicia.
Programa de concertos
Auditorio do Museo do Mar de Galicia (Vigo)
- Mércores 2 de decembro: Ugía Pedreira, ás 18:00 horas
- Xoves 3 de decembro: Mar de mulleres (Felisa Segade - Uxía - Guadi Galego - De Vacas), ás 20:00 horas (tamén en retransmisión por streaming desde o Facebook do Museo do Mar de Galicia)
- Venres 4 de decembro: Ailá, ás 20:00 horas
- Sábado 5 de decembro: Silvia Penide e Carla López, ás 18:00 horas
- Domingo 6 de decembro: Emilio Rúa, ás 18:00 horas
Capacidade limitada. Entradas (máx. dúas por persoa) con reserva previa e confirmación en info.museodomar@xunta.gal desde o martes 1 de decembro ata esgotar a capacidade do espazo. Obrigatorio uso de máscara e xel hidroalcólico e mantemento da distancia interpersoal.