Evento: Nadal no Gaiás 2020- Nadal en Super8
Nadal no Gaiás 2020- Nadal en Super8
Este Nadal no Gaiás non queremos que se perda a ilusión por iso imos ateigar a Cidade da Cultura de moita luz, cor e cancións, de todos os estilos, pero sempre tendo en conta as festas que estamos a celebrar, na que o protagonismo volve ser para a nosa grande árbore de Nadal. Este ano manterá as súas grandes dimensións e incorporará a interactividade grazas á intervención nela da artista visual Marta Villaverde. Deste xeito, seredes vós, a través dos vosos dispositivos móbiles, os e as que decidades as cores e incluso a música que desprenda ao voso paso.
Ademais, ao ser unhas festas que dan entrada ao 2021, Ano Xacobeo, o Camiño vai ter tamén presenza simbólica no relato deste Nadal, comezando pola mesma iluminación exterior do complexo do Gaiás con referencia a Vía láctea, simboloxía tan próxima as vías xacobeas, que se completa cunha árbore lumínica no cumio do Monte Gaiás, no Bosque de Galicia, visible desde diferentes puntos do centro de Compostela.
Unha viaxe audiovisual afectiva ao noso pasado a través destas fitas de cinema que permitían gravacións caseiras na casa. Na peza de 8 minutos que se proxecta recompílanse estes anaquiños entrañables de vida destas festas doutras épocas. Esta peza é proveniente do MOCA. Museo Online de Cine Autobiográfico.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual