Evento: Silvia Pérez Cruz & Farsa Circus Band

Silvia Pérez Cruz & Farsa Circus Band
sábado, 16 outubro, 2021 - 21:00
Pazo da Cultura de Pontevedra,
Pontevedra

Silvia Pérez Cruz & Farsa Circus Band

Concerto de jazz e flamenco.

Farsa é o novo disco de Sílvia Pérez Cruz. Nos seus traballos discográficos, Sílvia intercala discos de composicións propias con outros de creación desde a interpretación nos que realiza versións doutros artistas. Este é un disco que creou conversando con outras disciplinas artísticas como o teatro, o cinema, a danza, a poesía, a pintura ou o cinema de animación. Gravado durante 2019 e 2020, Farsa (xénero imposible) responde á inquietude da artista en relación á dualidade do que se mostra e o que realmente somos, por como sobrevive a fraxilidade do interior, do íntimo nestes tempos nos que a superficie é tan arrasadora, nos que o que se ve pódese chegar a confundir co que se escoita.

  • Sílvia Pérez Cruz - Grito Pelao

Máis eventos de tipo Concerto

Gold&Colt
16 de xullo
Rúa dos Viños
Concerto
18 de xullo
Campo do Souto
Homenaxe á música latina
18 de xullo
Praza do Concello