Evento: Sanny Caster

Sanny Caster
xoves, 26 novembro, 2020 - 21:30
Evento online,
Santiago de Compostela

Sanny Caster

Concerto de pop online.

Sanny é o nome artístico polo que se coñece a Sandra Gómez, xove cantautora viguesa que comeza a súa traxectoria en solitario no ano 2012, cando se muda á cidade de Santiago de Compostela. Previamente participara noutros pequenos proxectos musicais.

Mais é xa nos primeiros anos da súa adolescencia cando Sanny comeza a escribir as súas primeiras letras de cancións e, dende ese momento, convertiranse no eixo central da súa música. As súas principais influencias veñen de artistas do folk e rock norteamericano como Bob Dylan, Joan Báez, ou Bruce Springsteen entre outrxs, dxs que aprende a importancia e responsabiliade de empregar a música como ferramenta social. Na súa música trata con frecuencia temas ligados ó emocional e ó íntimo como forma de explorar os suxeitos das súas cancións, maioritariamente femininos, e as estruturas que rexen as súas vidas.

Durante estes anos, acompañada como é costume da súa guitarra acústica e harmónica, percorreou escenarios de distintos puntos do país; sendo máis frecuentes os seus directos en locais de Santiago de Compostela como a Borriquita de Belém e a Medusa; e de Vigo como La Pecera ou o Café UF, ademais de ter participado nas dúas últimas edicións do Festival nun Local e no Vivo Vigo celebrados tamén na súa cidade natal.
No verán do 2019 grava o seu EP debut nos Estudios Mans (A Coruña). O resultado será Loners Downtown que sae á luz en novembro dese mesmo ano. O traballo está formado por cinco cancións nas que se explora o tema da soidade desde distintos puntos de vista e nos que se evidencia claramente a influencia do son Americana así como de artistas máis próximos ó indie como Elliot Smith ou Bright Eyes.

Actualmente está inmersa nunha xira pola xeografía galega presentando dito traballo cun directo honesto e cargado de emoción no que aproveita tamén para repasar moitos outros temas propios.

  • Sanny Caster - Loners Downtown | Street On Air

Máis eventos de tipo Concerto

Los Straitjackets + Mad Martin Trio
18 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
O rianxeiro
19 de xuño
Pavillón Bernabé Costas
Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Danzamos no verán!!!
20 de xuño
CPI de Pontecesures