Evento: Ugia Pedreira: A Pedreira
Ugia Pedreira: A Pedreira
Ugia Pedreira: A Pedreira
Concerto desta artista de mesturas de blues galego e folk.
A Pedreira é a nova proposta escénica da artista Ugia Pedreira. É un espectáculo que acredita a música como unha arte escénica. Guitarra en man pasa por múltiples mesturas sonoras, desde unha dama vintage do blues da galeguidade á cantautora de nume folk americano, ou latinoamericano, unha rapera trad ou unha sofisticada pandereteira galega con reminiscencias africanas.
A Pedreira é un proxecto en solitario de Ugia, esta vez para ela soa. Acompañada de guitarra, pandeireta e do seu corpo móbil, incorpora, nalgúns momentos, ao músico bretón Pierre-Yves Rougier con quen comparte vida, visión e común pensar sobre o feito musical.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto