Evento: XXX Festival de Jazz de Lugo

XXX Festival de Jazz de Lugo
xoves, 5 novembro, 2020 a domingo, 15 novembro, 2020
Círculo das Artes, A Casa do Saber e o Club Clavicémbalo,
Lugo

XXX Festival de Jazz de Lugo

A asociación Escobijazz organizou un programa que duplica as actuacións de varios artistas para poder chegar a un maior número de persoas

A Xunta de Galicia colabora coa celebración do XXX Festival de Jazz de Lugo, que organiza a Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, e que se desenvolverá en tres escenarios da cidade entre o 5 e 15 de novembro [consulta o programa aquí] coa participación de catorce agrupacións dedicadas a este xénero musical.

Este ano, o certame chega ao trixésimo aniversario mantendo a súa cita e coas adaptacións que marca o actual contexto sanitario, polo que algúns dos artistas duplicarán as súas actuacións para darlle cumprimento ás restricións de ocupación  e facilitar que os concertos cheguen ao mesmo número de persoas que nas anteriores edicións.

 

 

 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos