Evento: Ciclo familiar ‘Domingos de cinema e emocións’: 'Persépolis'

Ciclo familiar ‘Domingos de cinema e emocións’: 'Persépolis'
domingo, 8 novembro, 2020 - 17:00
Auditorio 1 do CINC,
Santiago de Compostela

Ciclo familiar ‘Domingos de cinema e emocións’: 'Persépolis'

No marco da exposición 'Cinema e emocións'

'Persépolis' narra a conmovedora historia dunha nena iraniana desde a revolución islámica ata os nosos días. Cando os fundamentalistas toman o poder, forzando as mulleres para levar veo e encarcerando a miles de persoas, e mentres ten lugar a guerra entre Iraq e Irán, Marjane descobre o punk, ABBA e  Iron  Maiden. Cando chega á adolescencia os seus pais envíana a Europa, pero non soporta a soidade e volve coa súa familia, aínda que iso signifique pór veo e someterse a unha sociedade tiránica.

 

Efémero cinema de outono
A Xunta de Galicia converterá a Cidade da Cultura nun efémero cinema de outono para proxectar as tardes dos domingos 18 e 25 de outubro e 1 e 8 de novembro un pequeno ciclo familiar cos filmes ‘Inside out’ (18/10), ‘Le Havre’ (25/10), ‘Ma vie de courgette’ (01/11) e ‘Persépolis’ (08/11), fitas que forman parte do amplo percorrido cinematógrafico da exposición Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia do Museo Centro Gaiás.

A mostra –organizada por La Cinémathèque française e a Fundación "La Caixa" en colaboración coa Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 2021– pon en valor o papel que ten a sétima arte no desenvolvemento persoal durante a nenez, a través dunha viaxe por filmes de diferentes épocas que marcaron tamén a diferentes xeracións.

  • Persépolis

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra