Evento: Unha tarde na ópera con Laura Alonso Padín e Manuel Valencia
Unha tarde na ópera con Laura Alonso Padín e Manuel Valencia
Laura Alonso Padín: Premio da cultura da Unión Europea (2011, Essen- Alemania).
Ariadne auf Naxos na Staatsoper de Berlín e na inmensa maioría dos teatros máis importantes de Alemania desde os 21 anos. Festival de Innsbruck (Austria) co papel de Cleopatra na ópera Giulio Cesare, de Antonio Sartorio, valeulle o meritorio Diapason D‘or da crítica francesa.
Magda de La Rondine de Puccini, en Utrecht e Amsterdam con gran éxito de crítica. Festival de Salzburgo en La Finta Giardiniera, con motivo do ano Mozart e coa posta en escena de Doris Dörrie.
Manuel Valencia Segarra: Director de orquesta, compositor e pianista nado en Sagunto (España) e diplomado do Conservatorio de Madrid coas máis altas calificacións.
Intenso traballo como concertista, destacando as súas monografías sobre Chopin, Schumann y Brahms, así como innumerables xiras como acompañante de lied, oratorio, ópera e zarzuela, nos auditorios e teatros máis prestixiosos de España e o extranxeiro.
Durante seu período formativo, dedicou especial atención ao profundo coñecemento do repertorio de ópera italiano do século XIX e o século XX.
Moi solicitado polas principais compañías de ópera e teatros, así como por importantes grupos de cámara, en toda Europa, China, Rusia, e Hispanoamérica.