Evento: La Guagua: Cantabaila

La Guagua: Cantabaila
martes, 12 xullo, 2022 - 20:30
Cantón da Leña,
A Pobra do Caramiñal

La Guagua: Cantabaila

Espectáculo de animación infantil.

A Guagua Servizos Socioculturais nace como empresa no ano 2003 creada por dous mozos emprendedores con formación no ámbito da educación e o tempo libre.

Nestes intres xa percorrimos moito camiño, atópandonos con persoas que simplemente viñeron sumar ás nosas vidas. Hoxe en día contamos cun equipo humano formado por máis de 50 profesionais de diferentes ámbitos que pensan, senten e ven a vida do mesmo xeito.

Adquirimos un compromiso, o de facer sempre ben o noso traballo levando alí onde imos unha mensaxe fundamentada na educación en valores, a intelixencia emocional e o reforzo positivo.

Somos un referente en canto á creación dun equipo humano comprometido porque afrontamos cada reto coa ilusión do primeiro día.

No seo da Guagua atoparás un grupo de profesionais que somos felices no noso traballo, porque sentimos que este nos completa como persoas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
22 de agosto
Praza da Mariña
Os Bolechas e o gran reto
26 de agosto
Praza da Igrexa
Os Bolechas e o gran reto
27 de agosto
Parque do Coto
Os Bolechas e o gran reto
30 de agosto
Praza da Constitución