Evento: A Casa do Terror

A Casa do Terror
domingo, 27 xuño, 2021 - 12:15
Concello de Valdoviño,
Valdoviño

A Casa do Terror

Obra escrita por Xoán Curiel

A casa do terror é unha aventura, na cal un grupo de amigos se ve obrigado a durmir nunha casa encantada e vive aventuras divertidas e terroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos.

A perspectiva do terror trátase neste espectáculo dun xeito divertido a través de orixinais personaxes coma as pulgas sombis, o lobo lover, ratatiburóns, gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma, e un longo etc.

Este é un divertido e dinámico espectáculo musical con cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e sobre todo moita participación do público asistente. Desde o primeiro instante o público será partícipe desta terrorífica aventura na que haberá risas, coreografías e algún que outro susto.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
23 de xullo
Campo da Feira
A xira do cuarto de século
24 de xullo
Campo do Souto
Os Bolechas e o gran reto
27 de xullo
Parque do Coto
Os Bolechas e o gran reto
28 de xullo
Edificio Cultural A Senra