Evento: Divas de diván

Divas de diván
venres, 11 marzo, 2022 - 20:30
Auditorio Servizos Múltiples,
Culleredo

Divas de diván

Espectáculo a cargo de Tarabela Creativa

Nas culturas celta, babilonia, sumeria, etrusca, nipoa, azteca, semita, mesopotámica, exipcia, chinesa, germánica, nórdica, lituana, grega e romana,o pobo rendeu culto a distintas deusas da sexualidade, os desexos e o pracer.

En Galicia, nos tempos que corren, a carnalidade e o instinto teñen templo en case cada casa, no corpo de cada muller. Non é o mesmo ser divindade que diva. Pero por sorte as divas son moito máis fáciles de alcanzar. A Vero, a Ángeles e a Carmen xúntanse ao redor dunha mesa mentres pican queixo de tetilla, comparten uns choricitos e proban que pementos pican e cales non, para contarnos historias da erótica do noso país. Porque desde logo, si, cos contos que elas traen hai material para fundar nosa propia mitoloxía.

Elenco: Vero Rilo, Ángeles Goás e Carmen Conde

Máis eventos de tipo Espectáculo

Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés